Viaxe interplanetaria

Unha viaxe interplanetaria é un caso particular de viaxe espacial que, a diferenza das viaxes interestelares, ten lugar dentro do noso Sistema Solar. Pola súa mesma natureza, as viaxes interestelares teñen miles de anos de duración ou conceptos tales como o Hiperespacio, polo que estiveron case sempre relegados á space opera da ciencia ficción.

As viaxes interplanetarias, en troques, están ao alcance da nosa tecnoloxía actual. O home chegou á Lúa, enviou sondas a outros planetas e, mesmo, un robot a Marte. Por todo iso, e a diferenza das viaxes interestelares, as viaxes interplanetarias son un dos alicerces da ciencia ficción.


Developed by StudentB